Aviso: Bases e convocatoria de 10 bolsas de formación en proxectos de investigación en humanidades no Centro Ramón Piñeiro

Bases e convocatoria de 10 bolsas de formación en proxectos de investigación en humanidades no Centro Ramón Piñeiro

Orde pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de dez bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria.

A contía das bolsas será de 990 euros brutos mensuais. As actividades de formación desenvolveranse entre o 1 de xullo de 2018 e o 30 de xuño de 2020. 

Estado de trámite: En trámite

Comparte