Aviso: Aula de Maiores na Biblioteca Nodal de Santiago de Compostela
Aula de Maiores na Biblioteca Nodal de Santiago de Compostela
Actividade dirixida a persoas maiores de 55 anos que queren lembrar o que aprenderon hai tempo. Facer operacións matemáticas sinxelas, practicar a lectura e a escritura ou facer xogos didácticos de xeografía son algúns dos conceptos básicos que se ensinan nesta aula.
A actividade estará a cargo de Antonio Rodríguez Escalona, voluntario do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, conta cunha experiencia de sete anos como voluntario do Concello de Ames onde desenvolve a actividade Escola de maiores no Milladoiro.
Todos os martes e venres de 10.15 a 11.45 horas na Sala de Traballo do 3º andar. A inscrición comeza o 11 de setembro. Máximo de 10 persoas