Aviso: Incóase o procedemento de inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia do conxunto de Canasteves
Incóase o procedemento de inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia do conxunto de Canasteves
O DOG publica a resolución da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural pola que se incoa o procedemento para incluír no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia o conxunto formado pola fonte, a mina, o lavadoiro e a levada con canle de Canasteves, no termo municipal de Ponteceso (A Coruña), como ben inmoble coa categoría de lugar de valor etnolóxico. Ábrese agora un período de información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación, para que calquera persoa física ou xurídica poida achegar as alegacións e informacións que considere oportunas.