Aviso: Incoado o procedemento para declarar BIC a zona arqueolóxica de Castromao
Incoado o procedemento para declarar BIC a zona arqueolóxica de Castromao
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución do 27 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa o procedemento para declarar ben de interese cultural a zona arqueolóxica de Castromao, na parroquia de Santa María de Castromao, concello de Celanova (Ourense).
A zona arqueolóxica de Castromao comprende un conxunto de bens de diferente natureza situados no cumio e ladeiras do coto en que se localiza o castro de Castromao. En conxunto configuran unha zona arqueolóxica en que os diferentes ámbitos ilustran a evolución e a dinámica de ocupación continuada desde a primeira Idade de Ferro ata a actualidade.