Aviso: Licitación das obras de restauración da Porta Miñá, na muralla romana de Lugo
Licitación das obras de restauración da Porta Miñá, na muralla romana de Lugo
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 29 de setembro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de obras derestauración da Porta Miñá, na muralla romana de Lugo, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (contratación documentalmente simplificada).
A data límite de presentación de ofertas é a partir do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do
prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.