Aviso: Licitación do contrato de servizos de acondicionamento arqueolóxico no castro de Baroña, en Porto do Son
![](/sites/default/files/menu_icons_sxcultura/menu_icon_3309.png)
Licitación do contrato de servizos de acondicionamento arqueolóxico no castro de Baroña, en Porto do Son
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 7 de outubro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de servizos de acondicionamento e consolidación arqueolóxica no castro de Baroña, Porto do Son (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (contratación documentalmente simplificada).
A presentación de ofertas ten como data límite o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o día de finalización do
prazo for domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.