Aviso: Licitación do contrato para a restauración do cruceiro da catedral de San Martiño de Ourense
Licitación do contrato para a restauración do cruceiro da catedral de San Martiño de Ourense
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a Resolución do 7 de outubro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de servizos de restauración da fachada do brazo norte do cruceiro da catedral de San Martiño de Ourense, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (contratación documentalmente simplificada).
A Presentación de ofertas ten como data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo for domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.