Aviso: Resolución anuncio de licitación do contrato de servizos de transporte das obras da exposición temporal O primeiro Picasso

Resolución anuncio de licitación do contrato de servizos de transporte das obras da exposición temporal O primeiro Picasso

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto, do contrato de servizos de transporte das obras integrantes da exposición temporal O primeiro Picasso-A Coruña 1891-1895, que terá lugar no Museo de Belas Artes da Coruña.

En virtude do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Concello da Coruña e a Fundación Emalcsa, o Museo de Belas Artes organiza a exposición denominada “O PRIMEIRO PICASSO. A CORUÑA 1891-1895” do 20 de febreiro de 2015 ao 24 de maio de 2015, que conmemorará o 120 aniversario da primeira exposición de Pablo Picasso e fará un percorrido polas súas obras de xuventude así como doutros artistas coetáneos.

Estado de trámite: En trámite

Comparte