Aviso: Inscrición de concellos no programa Cultura no Camiño

Inscrición de concellos no programa Cultura no Camiño

Co motivo da celebración do 8º centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xunto coa Axencia Turismo de Galicia poñen en marcha unha programación cultural destinada aos concellos polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago (incluídos os Camiños en proceso de recoñecemento oficial).

O obxectivo principal deste programa é por unha banda incentivar e promover a distribución de produtos culturais nos diferentes concellos vinculados ao Camiño de Santiago, e por outra facer chegar a cultura á cidadanía mediante a organización de eventos e actividades culturais.

Estado de trámite: En trámite

Comparte