Aviso: Bolsas de formación no Parlamento de Galicia en materias de arquivo, comunicación institucional, publicacións e informática
Bolsas de formación no Parlamento de Galicia en materias de arquivo, comunicación institucional, publicacións e informática
O Parlamento de Galicia publicou o 21 de novembro de 2014 no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 19 de novembro de 2014 pola que se anuncia a convocatoria para a concesión de diversas bolsas para a formación práctica no Parlamento de Galicia.
A Mesa do Parlamento de Galicia, na súa reunión do 18 de novembro de 2014, acordou aprobar as bases das convocatorias para a concesión das seguintes bolsas, relacionadas todas coa actividade da institución:
a) 4 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
b) 1 bolsa de formación en comunicación institucional.
c) 2 bolsas de formación en publicacións.
d) 1 bolsa de formación en informática.
As solicitudes deberán presentarse no prazo de 15 días, a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.