Aviso: Certame de poesía " Nadal 2014"

Certame de poesía " Nadal 2014"

Biblioteca Nodal de Lugo

Nel poden participar tódolos nenos e nenas  socios da Biblioteca, con poemas sobre o tema xenérico de “O NADAL”. Cada un poderá presentar cantos traballos desexe, cada un deles acompañado dunha solicitude de inscrición, e os poemas deberán estar escritos en galego e cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara.
 Establécense tres categorías: A, ata 8 anos,  B, de 9 a 11 anos, e  C, de 12 a 16 anos.
O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 22 de decembro, debendo estar entregados na Biblioteca nesa data.
Un xurado escollerá os traballos premiados, cun máximo de tres por categoría, e os gañadores recibirán cada un o seu diploma e lote de libros. O fallo do xurado faráse público na primeira quincena de xaneiro de 2015.
Os traballos premiados nesta Fase Local participarán na Fase Provincial.
As bases están na nosa páxina web: http://rbgalicia.xunta.es/lugo/
ou pódense recoller na biblioteca.

Estado de trámite: En trámite

Comparte