Aviso: Resolución do 28 de setembro de 2020 pola que se conceden as subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais no ano 2020

Resolución do 28 de setembro de 2020 pola que se conceden as subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais no ano 2020

A documentación xustificativa debe presentarse antes do 30 de novembro deste ano

O artigo 16.2 da orde de convocatoria das subvencións establece que a resolución e concesión notificarase aos interesados consonte o artigo 17 da orde e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, daráselle publicidade na páxina web da Consellería de Cultura e Turismo, https://www.cultura.gal.

 

RESOLUCIÓN:

Conceder as axudas sinaladas no anexo ás entidades locais de Galicia para o equipamento e a mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, por importe de 481.265,22 €, con cargo á aplicación orzamentaria 11.20.432B.760.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

As entidades subvencionadas a que fai referencia esta resolución deberán acreditar a documentación xustificativa dos proxectos subvencionados antes do 30 de novembro do ano 2020, de acordo co establecido no artigo 22.1 da orde de convocatoria.

Cómpre notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun (1) mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto o recurso de reposición.

 

Consulta aquí a lista de entidades beneficiarias.

 

Comparte