Aviso: Licitación dos servizos de organización dos actos de Cultura nas feiras do libro internacionais

Licitación dos servizos de organización dos actos de Cultura nas feiras do libro internacionais

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario oficial de Galicia do 16 de decembro de 2014 a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e tramitación anticipada do gasto, do contrato de servizos de organización dos actos que vai desenvolver esta consellería nas feiras do libro internacionais que terán lugar no ano 2015: 
Lote 1: Boloña.
Lote 2: Bos Aires.
Lote 3: Frankfurt.

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Estado de trámite: En trámite

Comparte