Aviso: Licitación da rehabilitación da igrexa de San Salvador de Sarria (Lugo)
Licitación da rehabilitación da igrexa de San Salvador de Sarria (Lugo)
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia do 16 de decembro de 2014 a Resolución pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de obras de rehabilitación da igrexa de San Salvador de Sarria (Lugo), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (contratación documentalmente simplificada).
Data límite de presentación das ofertas: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.