Aviso: Xornada informativa na Biblioteca Pública Miguel González Garcés para certificar a experiencia laboral

Xornada informativa na Biblioteca Pública Miguel González Garcés para certificar a experiencia laboral

Dous días de formación impartido por Manuel Pérez Millares, docente e asesor para a formación profesional Voluntario.

28 XANEIRO. Diferentes vías para o recoñecemento da experiencia profesional e acceso a unha acreditación oficial . Certificados de profesionalidade e unidades de competencia.  Creación dun portafolios de evidencias profesionais ao longo da vida laboral

29 XANEIRO. Procesos de inscrición e requisitos para o recoñecemento e acreditación nas diferentes consellerías - Plan 2015 Familias profesionais da convocatoria . Información para a creación do perfil formativo, novas oportunidades no mercado laboral.

Lugar: Aula CeMIT

Hora: de 18 a 20:30 h.

Precisa inscrición (hai 12 prazas) e está destinado para maiores de 18 anos.

Comparte