Aviso: Aceptada a obra doada por Graham Gussin para ser exhibida e integrada na colección do CGAC

Aceptada a obra doada por Graham Gussin para ser exhibida e integrada na colección do CGAC

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde do 14 de xaneiro de 2015 pola que se acepta a doazón efectuada por Graham Gussin á Comunidade Autónoma de Galicia para a súa exhibición e integración na colección do Centro Galego de Arte Contemporánea.

O 13 de marzo de 2014 recibiuse na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a proposta asinada por Graham Gussin, coñecido polo nome artístico de Graham Gussin, mediante a cal formula unha oferta de doazón da obra titulada Intoxicated Boardroom, 2013, co fin de garantir a conservación, estudo e divulgación do dito ben.

Obxecto da doazón: Obra en papel titulada Intoxicated Boardroom.
Ano: 2013. Técnica: fotografía branco e negro. 100 ml. De vodka Moskovskaya e 50 ml de perfume La Fumeé dispersos polo cuarto, CGAC, 2013.
Medidas: 6 elementos de 43 × 30 cm c/u.

 

Comparte