Aviso: Aceptada a doazón da obra de Fernando Casás para a súa exhibición e integración na colección do CGAC
Aceptada a doazón da obra de Fernando Casás para a súa exhibición e integración na colección do CGAC
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenacion Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde do 14 de xaneiro de 2015 pola que se acepta a doazón efectuada por Fernando Casás á Comunidade Autónoma de Galicia para a súa exhibición e integración na colección do Centro Galego de Arte Contemporánea.
O 26 de outubro de 2012 recibiuse na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria proposta asinada por Fernando Estarque Casás, coñecido polo nome artístico de Fernando Casás, mediante o que formula unha proposta de doazón da obra titulada Minha Idade (primeira e derradeira folla da serie), 2004-2012 co fin de garantir a conservación, estudo e divulgación do dito ben.
Obxecto da doazón: Obra en papel titulada Minha Idade (primeira e derradeira folla da serie).
Ano: 2004-2012. Técnica: follas de papel offset A3 plus de 240 g/m2 .
Medidas: dous elementos de 33 × 48,3 cm c/u.
Edición: única.