Aviso: Nós lemos, e ti?

Nós lemos, e ti?

Concurso organizado pola OEPLI e GALIX co gallo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Poden participar todos os lectores e lectoras que estean cursando Educación primaria ou primeiro ciclo de secundaria, a través do seu centro docente ou desde a biblioteca pública correspondente. Trátase de escoller un libro e co móbil ou cunha cámara facerse unha selfie. É imprescindible que se vexan os libros.

Deberá acompañar á selfie un breve texto explicando o motivo polo que o/a participante escolleu ese libro. Tamén deberá constar o nome e apelidos do/a participante, o domicilio, poboación, teléfono, ano de nacemento e nome do centro docente ou biblioteca, do titor/a ou bibliotecario/a, domicilio, poboación, teléfono e correo electrónico.

Remitir por correo postal ou correo electrónico antes do día 2 de abril a GALIX: 
Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.
Centro de Emprendemento Creativo de Galicia.
Cidade da Cultura de Galicia.
Monte Gaiás, s/n. 15707
Santiago de Compostela.
Tel.: 881 99 61 09 galix@galix.org
OEPLI. concursodiainternaconal@oepli.org

Estado de trámite: En trámite

Comparte