Aviso: Publicación da proposta de resolución provisional de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais 2022.
Publicación da proposta de resolución provisional de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais 2022.
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica a proposta de resolución provisional pola que se aproba a listaxe provisional de solicitudes admitidas coas puntuacións correspondentes e a listaxe provisional de excluídas e as causas de exclusión, de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, convocada pola Orde do 17 de xaneiro de 2022,(DOG núm. 28, de 10 de febreiro de 2022 ).
De acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e co artigo 15.5 da Orde de convocatoria, os interesados poderán presentar, nun prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación destes listados, as alegacións que estimen oportunas.