Aviso: Nomeado o xurado dos Premios da Cultura Galega 2022
Nomeado o xurado dos Premios da Cultura Galega 2022
Nomeado o xurado dos Premios da Cultura Galega 2022
En virtude do establecido no artigo 11 da Orde do 30 de maio de 2022 pola que se convocan os Premios da Cultura Galega para o ano 2022, procédese á publicación dos membros designados para formar parte do xurado.
O xurado que valorará as propostas estará presidido polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades e contará con representación do Consello da Cultura Galega, das universidades, da Real Academia Galega, da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, da Xunta de Galicia, a través das áreas de Cultura e Igualdade, e de catro persoas de recoñecido prestixio no eido da cultura, designadas polo Goberno galego.
Estado de trámite: En trámite
Documentos relacionados
- pcg2022_designacion_xurado.pdf202.09 KB