Aviso: Bases das bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid

Bases das bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid

O Consello da Cultura Galega publica hoy no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución do 3 de marzo de 2015 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid.

Dentro do plan de actividades do Consello da Cultura Galega para o ano 2015 figura a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía do Consello da Cultura Galega na Casa de Velázquez en Madrid para contribuír, deste xeito, a acrecentar o estudo e a investigación da proxección da cultura galega, notablemente no mundo francófono.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Estado de trámite: En trámite

Comparte