Aviso: Inscrición ao Obradoiro de escritura creativa por Pedro Ramos

Inscrición ao Obradoiro de escritura creativa por Pedro Ramos

Biblioteca Pública da Coruña González Garcés

Pedro Ramos facilita aos asistentes o proceso de encontrar o seu propio camiño como escritores, dende a idea ata a posta en común. É un autor con obra publicada e unha ampla experiencia en impartir talleres. Actualmente dirixe Polisemias, o único espazo en Galicia dedicado en exclusiva a impartir talleres de escritura creativa.

Datas de celebración: os martes 28 de abril, 5, 12 e 19 de maio, catro sesións cun total de 8 horas, en horario de 19 a 21 horas.

Prazas: limitadas a 15 participantes.

Solicitudes: cubrindo un formulario na páxina web da biblioteca, dispoñible dende o mércores 1 de abril ás 12 horas. Admisión por orde de solicitude.

Estado de trámite: En trámite

Comparte