Axudas, subvencións e bolsas : Axudas para a conservación do patrimonio cinematográfico
Axudas para a conservación do patrimonio cinematográfico
Convocatoria do ICAA para o ano 2015
O Boletín Oficial do Estado Núm. 121, de 21 de maio de 2015, publica a Resolución de 5 de maio de 2015, do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA), pola que se convocan axudas para a conservación do patrimonio cinematográfico para o ano 2015.
Os beneficiarios serán produtores ou propietarios das obras e dos soportes orixinais, serán subsidiables os gastos de conservación que se indican na resolución que se efectuasen dentro dos catro anos anteriores, e deberá existir compromiso de non exportación do soporte orixinal durante polo menos dez anos.
Estado de tramite: Resolto