Axudas, subvencións e bolsas : Axudas estatais para proxectos arqueolóxicos no exterior
Axudas estatais para proxectos arqueolóxicos no exterior
Terán prioridade os proxectos de investigación e intervención que se enmarquen nos convenios de cooperación cultural subscritos polo Estado español con outros países
Resolución de 18 de xuño de 2014, da Secretaría de Estado de Cultura, pola que se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos arqueolóxicos no exterior correspondentes ao ano 2014.
A Dirección General de Bellas Artes y Bienes Culturales y de Archivos y Bibliotecas convoca estas axudas, que teñen por obxecto a realización de proxectos de investigación e intervención arqueolóxica española no exterior. Serán obxecto de atención prioritaria aqueles proxectos de investigación e intervención integral que se expoñan no marco dos convenios de cooperación cultural subscritos polo Estado español con outros países e que fosen informados previamente pola Embaixada de España no país no que se vaia desenvolver o proxecto.
As actividades que se acollan a esta convocatoria poderán realizarse desde o 1 de xaneiro de 2014 ata o 30 de xuño de 2015. En canto ao importe das axudas, este só será aplicable aos gastos xerados directamente na realización das actividades para as que se conceda a axuda e non poderá superar os 50.000 euros por proxecto nin financiar máis do 90% da súa contía total ou, no seu caso, da súa contía reformulada.
Estado de tramite: Resolto