Axudas, subvencións e bolsas : Proxectos europeos de cooperación cultural de apoio á integración dos refuxiados

Proxectos europeos de cooperación cultural de apoio á integración dos refuxiados

Programa Europa Creativa da UE

Un dos principais obxectivos do programa Europa Creativa é fomentar, protexer e promover a diversidade cultural e lingüística europea.

Europa está a recibir un extraordinario número de refuxiados. A cultura e o cinema poden axudar a superar as diferenzas e mellorar a comprensión mutua entre a poboación do país de acollida e os refuxiados.

Neste contexto, preséntase esta convocatoria de axudas que inclúe medidas específicas de apoio á integración dos refuxiados e o fomento da comprensión mutua entre os refuxiados e as poboacións de acollida en Europa.

A liña de axudas conta cun orzamento de 1.6 millóns de euros destinados a financiar un máximo de entre 8 e 12 proxectos. 

Estado de tramite: Resolto

Comparte