Axudas, subvencións e bolsas : Subvencións a concellos para equipamento e mellora das instalacións culturais en 2016

Subvencións a concellos para equipamento e mellora das instalacións culturais en 2016

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG a Orde do 11 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia e agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Os concellos e entidades públicas con personalidade xurídica propia que desexen acollerse a esta orde deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. 

Estado de tramite: Resolto

Comparte