Axudas, subvencións e bolsas : Axudas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos 2016

Axudas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos 2016

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG a Orde do 10 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto unha das seguintes liñas de actuación:

1. A organización de fondos documentais dos arquivos galegos e o seu tratamento arquivístico.

2. A dixitalización do patrimonio documental custodiado en arquivos galegos segundo as seguintes características:

a) Arquivos de entes locais: dixitalización de actas de Pleno custodiadas nos arquivos municipais.

b) Arquivos de universidades: dixitalización de documentos constitutivos de patrimonio documental que sexan de interese para Galicia.

c) Arquivos de entidades privadas sen ánimo de lucro: dixitalización de documentos constitutivos de patrimonio documental que sexan de interese para Galicia.

Estado de tramite: Resolto

Comparte