Axudas, subvencións e bolsas : Adxudicadas as Bolsas de formación en materia de arquivos 2016

Adxudicadas as Bolsas de formación en materia de arquivos 2016

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG a Orde do 15 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao programa 2016.

As bolsas irán destinadas a actividades de formación relacionadas cos procesos técnicos que se realizan no ámbito dos arquivos e dos seus fondos documentais.

Os bolseiros realizarán a súa actividade nos arquivos a que sexan destinados e nos servizos centrais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e serán tutelados, coordinados e dirixidos polos seus servizos técnicos de arquivos.

As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, concorrencia, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.  A formación comprenderá unha parte teórica impartida polo persoal técnico designado pola Secretaría Xeral de Cultura. 

Estado de tramite: Resolto

Comparte