Axudas, subvencións e bolsas : Convocatoria de nove bolsas de formación en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro
Convocatoria de nove bolsas de formación en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitara publica no DOG a Orde do 4 de xuño de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de nove bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria.
As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada tal e como dispón a base décima desta convocatoria; a data estimada de comezo é o 1 de setembro de 2016 e rematarán, en calquera caso, o 31 de agosto de 2018. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.
Poderán solicitar estas bolsas ou ser beneficiarios delas os licenciados/as ou graduados/graduadas universitario/as en quen non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan, ademais dos requisitos específicos que para cada proxecto se sinalan nos anexos desta orde, os seguintes requisitos xerais, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun mes, que se contará a partir do seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte
Estado de tramite: Resolto