Axudas, subvencións e bolsas : Axudas do 2017 a salas privadas de artes escénicas
Axudas do 2017 a salas privadas de artes escénicas
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publicou as subvencións de 2017 para a actividade e o funcionamento das salas de artes escénicas de titularidade privada, resérvase a mesma partida orzamentaria de 70.000 euros que o ano pasado, co límite de concesión de 30.000 euros por cada entidade beneficiaria e ata o 50 por cento do orzamento do proxecto presentado
Para optar a estas axudas, as persoas físicas ou xurídicas xestoras deste tipo de espazos, de non máis de 250 localidades de capacidade, teñen que presentar os seus proxectos de programación artística para 2017 xunto co resto da documentación requirida.
Estado de tramite: Resolto