Axudas, subvencións e bolsas : Convocadas as subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais 2017

Convocadas as subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais 2017

A Axencia Galega das Industrias Culturais publica no DOG a Resolución do 17 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases das subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, e se convocan para o ano 2017. 

Estas axudas teñen como obxectivo promover a distribución e comercialización dos produtos culturais dentro e fóra do noso país, fomentando a captación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega a novos mercados internacionais; fomentar a creación, o mantemento e a utilización de infraestruturas e equipamentos por parte dos axentes culturais, en especial o impulso de centros que faciliten o acceso á cultura dos cidadáns e das cidadás; e impulsar a cooperación e o asociacionismo entre os traballadores e traballadoras e as empresas dos distintos sectores culturais, así como as medidas do sector profesional galego para aumentar a súa presenza e competitividade nos mercados culturais, en especial no apoio ás exportacións de bens e servizos culturais galegos.

Prazo de presentación: Do 31 de marzo ao 31 de agosto de 2017, ou ata o esgotamento da partida orzamentaria asignada.

Máis información, aquí.

 

Estado de tramite: Resolto

Comparte