Axudas, subvencións e bolsas : Bases de subvencións a festivais do sector audiovisual e convocatoria para 2018
Bases de subvencións a festivais do sector audiovisual e convocatoria para 2018
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Educación aprobou as bases de subvencións a festivais do sector audiovisual e a súa convocatoria para o ano 2018.
A devandita resolución establece as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para o apoio a festivais de cine de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector, e procede á súa convocatoria para o ano 2018.
Para poder optar ás subvencións, o festival ten que cumprir os requisitos seguintes:
a) Que se leve a cabo entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018. Enténdense incluídos os festivais iniciados ata o día 31 de outubro de 2018 que desenvolvan a maioría das actividades neste período.
b) Ter unha duración mínima de 4 xornadas e realizar un mínimo de 20 proxeccións.
c) Ter realizado un mínimo de tres edicións consecutivas inmediatamente anteriores á publicación desta convocatoria.
d) Que a programación proposta para a edición obxecto de axuda conteña un mínimo dun 5 % de títulos ou 5 sesións de produción cinematográfica galega e/ou dirección galega.
Estado de tramite: Resolto