Axudas, subvencións e bolsas : Acción preparatoria A música move Europa

Acción preparatoria A música move Europa

Programa Europa Creativa da UE

En base ao orzamento da Unión Europea para 2018, o Parlamento Europeo aprobou un orzamento de 1,5 millóns de euros para o desenvolvemento dunha acción preparatoria destinada a ?Impulsar a diversidade e o talento musical europeo?. O obxectivo é realizar os estudos, actividades e accións adecuadas para o desenvolvemento dunha liña específica orientada á música no seguinte Marco Financeiro Multianual e dentro do programa Europa Creativa 2021-2027.

Para desenvolver esta acción preparatoria, que dará lugar a unha liña específica para a música Post2020, a Comisión Europea ha lanzado catro convocatorias (dúas propostas e dúas licitacións públicas).

  • Music Moves Europe - Convocatoria de capacitación para mozos profesionais da música.
  • Music Moves Europe - Estudo sobre o desenvolvemento dunha estratexia europea de exportación de música.
  • Music Moves Europe - Distribucións online e offline.
  • Music Moves Europe - O estudo de viabilidade para o desenvolvemento dun Observatorio da Música, así como da análise dos desafíos e necesidades de financiamento do sector.

Paralelamente, a Comisión comprometeuse a manter un diálogo periódico co sector musical nestes e outros temas, a partir de 2018.

O pasado 8 de maio abriuse a primeira destas convocatorias, Capacitación para mozos profesionais e o 12 de maio a licitación publica orientada ao Estudo sobre o desenvolvemento dunha estratexia europea de exportación de música. Da mesma forma, o 14  de maio abriuse a segunda das convocatorias enfocada ás Distribucións online e offline e, o 16 de maio, a segunda das licitacións públicas destinada ao Estudo de viabilidade para a creación dun Observatorio Europeo da Música e unha análise das deficiencias das necesidades de financiamento para o sector da música.

Máis información e claves sobre estas accións preparatorias no documento Music Moves Europe. Preparatory Action 2018

Estado de tramite: En trámite

Ligazóns

Comparte