Axudas, subvencións e bolsas : Convocatoria de axudas para a dotación de novidades editoriais en galego na Rede de bibliotecas públicas de Galicia

Convocatoria de axudas para a dotación de novidades editoriais en galego na Rede de bibliotecas públicas de Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde do 3 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico e para a mellora das coleccións bibliográficas, con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019. 

A convocatoria conta con dous programas diferenciados: un para novidades e outro para mellora das coleccións.

Estado de tramite: En trámite

Comparte