Axudas, subvencións e bolsas : Bolsas de formación en arquivos. Reanudación do procedemento

Bolsas de formación en arquivos. Reanudación do procedemento

Reapertura do prazo de presentación de solicitudes

Faise pública a resolución asinada polo conselleiro de Cultura e Turismo para a continuación da tramitación da convocatoria das bolsas de arquivos (Procedemento CT 110A).

O Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, interrompera os prazos para a tramitación da Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao Programa 2020 (código de procedemento CT110A).

Esta nova Resolución establece "Continuar coa tramitación da Orde 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao Programa 2020 (código de procedemento CT110A), levantando a suspensión do procedemento e reabrindo o prazo de presentación de solicitudes durante catro (4) días naturais".

Os novos prazos de presentación de solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia: sede electrónica

Para o texto completo da Resolución, ver anexo.

Estado de tramite: En trámite

Comparte