Axudas, subvencións e bolsas : Convocatoria para a adquisición de obras de arte contemporánea de artistas galegos para formar parte da Colección CGAC dentro da sección CGAC - Xacobeo

Convocatoria para a adquisición de obras de arte contemporánea de artistas galegos para formar parte da Colección CGAC dentro da sección CGAC - Xacobeo

O prazo estará aberto ata o próximo luns 24 de agosto

No marco do Plan de reactivación nos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19, a Dirección Xeral de Politicas Culturais, a través do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), promove unha convocatoria para a adquisición de obras de arte contemporánea de artistas galegos para a súa incorporación á Colección CGAC dentro da sección CGAC - Xacobeo cos seguintes obxectivos:

  • Apoiar o sector das artes visuais e, máis concretamente, aos autores galegos/as de obras de arte e galerías de arte da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Enriquecer a Colección CGAC cunha oferta ampla, diversificada e atractiva de obras que completen os seus fondos e dialoguen con eles.

 

Poderán presentar as súas solicitudes:

  • Galerías de arte con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Autores de obras de arte galegos/as ou residentes en Galicia non representados por unha galería galega e con domicilio fiscal en Galicia.

 

O prazo para a presentación de solicitudes remata o luns 24 de agosto de 2020.

Contacto: xerencia.cgac@xunta.gal; 981 546 606 / 981 546 614 

 

Estado de tramite: En trámite

Comparte