Axudas, subvencións e bolsas : Convocatoria para a adquisición de obras de arte contemporánea de artistas galegos para formar parte da Colección CGAC dentro da sección CGAC - Xacobeo
Convocatoria para a adquisición de obras de arte contemporánea de artistas galegos para formar parte da Colección CGAC dentro da sección CGAC - Xacobeo
O prazo estará aberto ata o próximo luns 24 de agosto
No marco do Plan de reactivación nos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19, a Dirección Xeral de Politicas Culturais, a través do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), promove unha convocatoria para a adquisición de obras de arte contemporánea de artistas galegos para a súa incorporación á Colección CGAC dentro da sección CGAC - Xacobeo cos seguintes obxectivos:
- Apoiar o sector das artes visuais e, máis concretamente, aos autores galegos/as de obras de arte e galerías de arte da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Enriquecer a Colección CGAC cunha oferta ampla, diversificada e atractiva de obras que completen os seus fondos e dialoguen con eles.
Poderán presentar as súas solicitudes:
- Galerías de arte con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Autores de obras de arte galegos/as ou residentes en Galicia non representados por unha galería galega e con domicilio fiscal en Galicia.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o luns 24 de agosto de 2020.
Contacto: xerencia.cgac@xunta.gal; 981 546 606 / 981 546 614
Estado de tramite: En trámite