Axudas, subvencións e bolsas : Subvencións para proxectos de tradución literaria

Subvencións para proxectos de tradución literaria

Programa Europa Creativa, Subprograma Cultura da UE

Categoría 1- Proxectos de tradución literaria 
Duración do proxecto: 2 anos.

Os obxectivos son apoiar a diversidade cultural e lingüística; promover a circulación transnacional de obras literarias de gran calidade; mellorar o seu acceso na Unión Europea e fóra dela; e chegar a novos públicos.

Estas axudas a editoriais financian a tradución e promoción de obras de ficción europeas (novela, conto, cómic, poesía, teatro, literatura infantil...) de alto valor literario. As traducións de obras -en papel ou en formato dixital- deberán ter unha dimensión transfronteiriza.

Darase prioridade ás galardoadas co Premio de Literatura da Unión Europea.

Estado de tramite: Resolto

Comparte