Axudas, subvencións e bolsas : Subvencións para a realización de funcións de artes escénicas e música

Subvencións para a realización de funcións de artes escénicas e música

En réxime de concorrencia competitiva

DOG do 26 de agosto de 2020 publicou a convocatoria de subvencións ao abeiro do Plan de reactivación do sector cultural mediante pola que se achegan 160.000 euros á realización de concertos fóra de Galicia e de funcións escénicas tanto dentro como fóra da nosa Comunidade desde primeiros de ano e ata o vindeiro 31 de outubro.

Cofinanciaranse así os gastos nos que incorren as empresas culturais con motivo do desenvolvemento de actuacións e xiras no exterior. Ao mesmo tempo, compleméntase a convocatoria anual de axudas á distribución para as industrias culturais, que en 2020 modificou as súas bases para contribuír a axilizar o financiamento de actividades executadas con anterioridade ao estado de alarma, concretamente as que tiveron lugar entre o 1 de novembro de 2019 e o 12 de marzo de 2020. A través dela, deuse resposta a todas as solicitudes recibidas, apoiando 67 iniciativas de proxección interior e exterior das artes escénicas e da música de Galicia.

O prazo de solicitude destas novas axudas para a realización de funcións esténdese ata o 28 de setembro.

A súa concesión segue un procedemento abreviado por concorrencia non competitiva, atendendo todas aquelas propostas que reúnan os requisitos esixidos ata finalizar o prazo ou, no seu caso, ata esgotar o orzamento dispoñible.

 

 

 

Estado de tramite: En trámite

Comparte