Axudas, subvencións e bolsas : Axudas a festivais do sector audiovisual para o 2015
Axudas a festivais do sector audiovisual para o 2015
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2014 pola que se aproban as bases de subvencións a festivais do sector audiovisual e se convocan para o ano 2015.
Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere seguir impulsando un marco de actuación cultural baseado en tres premisas substanciais:
1. O impulso do sector audiovisual galego, considerado como estratéxico para a comunidade.
2. A consolidación de industrias audiovisuais competitivas, con posibilidades de exportar e dar rendibilidade social e económica á cultura galega.
3. A busca da excelencia nos produtos culturais galegos, coa posta en valor da cultura galega a través da creación e divulgación de produtos audiovisuais galegos.
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
Estado de tramite: Resolto