Axudas, subvencións e bolsas : Intercambio literario Xacobeo 2021: Galicia - Xeorxia en residencia

Intercambio literario Xacobeo 2021: Galicia - Xeorxia en residencia

O Goberno autonómico vén de lanzar en colaboración coa Residencia Literaria 1863 un novo programa de intercambio dirixido a escritores galegos e xeorxianos. O autor seleccionado dese país traballará e investigará en Galicia durante o mes de setembro, mentres que o escritor galego gañador fará o mesmo desde Xeorxia para reforzar a proxección exterior da literatura galega.

Este novo programa consiste en que a Xunta e a Residencia Literaria 1863 facilitarán o lugar en Galicia para que o seleccionado traballe e investigue durante todo o mes de setembro. Ademais de cubrir os gastos derivados da estadía, tamén inclúe un evento público de mostra do seu traballo literario. No caso dos escritores en galego, a persoa becada en Xeorxia aloxarase na Writers’ House of Georgia, unha masión Art Nouveau situada no centro histórico de Tblisi, onde entrará en contacto con outros autores internacionais. Ademais da estadía, a bolsa inclúe dietas para gastos básicos, convites a concertos, museos, teatro e danza, así como visitas guiadas á cidade, acceso ilimitado a bibliotecas, charlas e recitais, así como un evento público de mostra do seu traballo literario.

Solicitudes ata o 31 de maio

Poderán concorrer a esta convocatoria escritores maiores de 18 anos nacidos ou residentes en Galicia con ao menos un libro publicado en galego que deberán presentar un proxecto de escrita de creación. As propostas presentadas serán sometidas a un proceso de selección por un Comité de Valoración designado pola Residencia Literaria 1863 e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Estará composto por profesionais de recoñecido prestixio na tradución e a literatura galega, quenes elixirán as mellores candidaturas a este programa.

As solicitudes deberán presentarse antes do día 31 de maio ás 22,00 horas no enderezo electrónico 1863coruna@gmail.com.

Estado de tramite: Resolto

Documentos relacionados

Comparte