Axudas, subvencións e bolsas : Publicación da listaxe provisional de solicitudes das bolsas de formación en materia de arquivos correspondentes ao programa 2022
Publicación da listaxe provisional de solicitudes das bolsas de formación en materia de arquivos correspondentes ao programa 2022
Bolsas de formación en materia de arquivos 2022
Con data 31 de marzo de 2022 publícase neste Portal e no Portal de Arquivos de Galicia https://arquivosdegalicia.xunta.gal/gl a listaxe provisional de solicitudes das bolsas de formación en materia de arquivos correspondentes ao programa 2022: Orde do 16 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao Programa 2022 (código de procedemento CT110A). (DOG núm. 6, do 11 de xaneiro de 2022)
De acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e co artigo 12.3 da Orde de convocatoria, os interesados poderán presentar nun prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación destes listados, as alegacións que estimen oportunas.
Estado de tramite: En trámite