Axudas, subvencións e bolsas : Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas das bolsas de formación en biblioteconomía. Convocatoria 2022-2023 (Procedemento: CT233A)
Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas das bolsas de formación en biblioteconomía. Convocatoria 2022-2023 (Procedemento: CT233A)
27 de abril de 2022.- Publicación das listaxes provisionais das bolsas de formación en biblioteconomía. Convocatoria 2022-2023.
Mediante a orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 30 de decembro de 2021 (DOG núm. 23, do 03.02.2022) convocáronse 33 bolsas de formación en biblioteconomía para o período 2022-2023.
Examinadas as solicitudes presentadas e á vista da acta da Comisión de Valoración, de conformidade co disposto no artigo 15 da orde de convocatoria, procede facer públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas, que se recollen nos anexos I e II respectivamente.
As persoas solicitantes disporán dun prazo de dez días para formular alegacións ante estas listaxes provisionais. As alegacións presentaranse de xeito electrónico, accedendo ao expediente na carpeta cidadá da persoa solicitante, mediante o formulario normalizado habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/carpeta-do-cidadan
Estado de tramite: En trámite