Casa da Parra

Localizada no centro histórico compostelán, a Casa da Parra posúe unhas especiais características arquitectónicas que potencian a diversidade dos proxectos que acolle, centrados fundamentalmente en programacións de produción propia de artistas galegos de vangarda ou de creadores foráneos vinculados con Galicia.

Localización:
Praza da Quintana, 7 – Santiago de Compostela
Teléfono: 981 545 809

Horario:
Atención ao público de martes a sábados, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Domingos de 11:00 a 14:00. Luns e festivos, pechado.

 

PROGRAMACIÓN ACTUAL 

Impulsores do Movemento Abstracto

Os artistas galegos Molezún, Mampaso, Labra e Caruncho xogan un importante papel no desenvolvemento do Movemento Abstracto, nas décadas dos cincuenta e sesenta do pasado século XX, e teñen unha presenza moi activa na súa afirmación.  Estes precursores de novas formas de expresión, que teñen como principal motivo a elaboración dunha pintura sen obxectos, constrúen unha obra de carácter vangardista de grande interese nun contexto marcado pola asimilación das novas tendencias informalistas.

 

A Casa da Parra acolle unha selección de corenta das súas obras entre 1950 e 1973 co obxecto de afondar nese período artístico de grande interese para a arte galega contemporánea e situar a dita achega no escenario da pintura española desas décadas.

 

 

 

PROGRAMACIÓNS ANTERIORES