O conxunto de actividades e concertos que cada ano propón Espazos Sonoros convidan a vivir colectivamente a riqueza patrimonial galega, espallada polo conxunto do territorio, a través dos sentidos e co poder engaiolante da música. A sétima edición, que se celebra do 14 de setembro ata o 26 de outubro de 2014, viaxará polas antigas melodías europeas, achegarase á paisaxe dos tubos dos órganos das igrexas, e conseguirá que os participantes vivan novas e estimulantes propostas escenográficas e de canción de autor galegas... Unha ampla programación participativa, variada e dirixida a un público amplo.
Documentos relacionados
- Descargar PDF2.9 MB