Constelaciones
Montaxe escénica de danza dirixida aos máis pequenos e pequenas, inspirada en Joan Miró, xa que á compañía sempre lle fascinou a súa mirada limpa e transparente.
Argumento: Imaxina unha praia. A marea está baixa. A area está mollada e lisa. Non hai ningunha pegada. É coma unha lousa limpa. Tes un pau na man. Ou quizais non. Só tes os teus dedos. Agáchaste. Non sabes que debuxar. Non queres estropear a area, aínda que se miras ao lonxe, podes ver que hai moita praia. Moita area sen pisar. Entón decídeste e pintas.