Via Stellae

Via Stellae é un festival de referencia en España e Europa, de música antiga e barroca.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Fuoco e Cenere

Fuoco e Cenere, ensemble liderado por un creativo e imaxinativo Jay Bernfeld, pecha a décima edición do Festival Via Stellae conectando música de onte, iconografía de hoxe (creada en directo polo ilustrador Fred Bayle) e historias eternas de loita contra a opresión coa súa innovadora presentación das heroínas Judith e Esther.

Galego

Al ayre español

En torno a 1730, John Walsh publicou en Londres a primeira colección impresa de sonatas en trío de Georg Friedrich Haendel, o seu opus 2. A maioría das obras foran escritas en torno a 1717, durante a estadía de Haendel en Canons ao servizo do duque de Chandos.

Eduardo López Banzo leva moito tempo escudriñando nas interioridades da obra de Haendel, nunha incesante busca dos elos menos coñecidos da súa obra.

Galego

La Bellemont

A sonata en trío foi unha forma moi popular na Alemaña barroca. Antes que Johann Sebastian Bach, compositores como Buxtehude ou Telemann xa explotaran esta forma coa formación habitual de violín, viola da gamba e baixo continuo. Coas súas tres sonatas para viola da gamba e clave obrigado, Bach seguiu a tradición pero, aínda que estas sonatas son auténticas pezas en trío, elixiu unha instrumentación diferente, converténdoas en dúos de clave e viola (o clavecinista toca a parte do violín coa súa man dereita e a liña do baixo, sen realización do continuo, coa man esquerda).

Galego

Kableado. Roberto Oliveira

Kableado é un programa de percusión, electrónica e arte visual, con altas doses de improvisación de Roberto Oliveira, que busca xerar un ambiente propicio para o entendemento destas novas tendencias na arte sonora e fomentar o interese por parte do público en xeral e de futuros compositores cara á música electroacústica.

Galego

Romina Basso

En voces de Sefarad, crease unha viaxe sentimental pola canción española do século XVII ao XX, a cargo da mezzosoprano ROMINA BASSO acompañada polo guitarrista Alberto Mesirca.
 
Guitarras, poesía, teatro, tradición, innovación, música... de todo encontraremos neste ilustrativo, libre e sempre singular viaxe polo Renacemento e o Barroco, e o século XX, que nos achega unha parte moi importante da nosa historia cultural.

Galego

Manfredo Kraemer e Guadalupe del Moral

Asociado sempre con música didáctica ou pasatempo de afeccionados, o repertorio de dúo para violíns, e en verdade de calquera dúo, nunca gozou da mellor reputación. Sensibles e virtuosos violinistas, recoñecidos especialistas en música antiga e barroca, os arxentinos Manfredo Kraemer e Guadalupe del Moral transcenden esta convención cun programa no que viaxamos no espazo e no tempo, entre dous continentes e durante tres séculos de música, presentando obras de compositores que non sabían escribir "música menor".

Galego

Ars Atlántica

O éxito de Rinaldo foi enorme e supuxo o afianzamento da ópera en estilo e lingua italiana en Londres. Estreada en 1711 no Queen's Theatre, o libreto desta ópera coa que Haendel comezou a construír a súa lenda na capital inglesa está baseada na Gerusalemme Liberata de Torquato Tasso. Deseguida xurdiron as versións e copias da partitura, algunhas con grandes diferenzas.

Galego

Gallaecia Antiqva

O programa de Gallaecia Antiqva transita entre os mundos do barroco e do clasicismo temperán, co fío condutor das relacións de Johann Sebastian Bach cos seus alumnos e fillos e o carácter internacional da súa música. A un passacaglia e fuga do mestre Bach, inspirado nun tema do compositor francés André Raison, seguen unha das sonatas en cuarteto do violinista francés Louis-Gabriel Guillemain e cadanseu cuarteto do seu discípulo e amigo da familia Carl Friedrich Abel e do seu segundo fillo, Carl Philipp Emanuel Bach.

Galego

Diego Ares

Nunha carta ao duque de Medina Sidonia o pai franciscano Antonio Soler confesou que polo seu virtuosismo chamábano "o demo vestido de frade". No mosteiro de San Lorenzo del Escorial toma os hábitos e en 1758 encontrámolo como mestre de capela, cargo que manterá ata o final da súa vida. O mosteiro non era unicamente un lugar de oración, cada outono convertíase en residencia oficial do rei e a súa corte e abría as súas portas á aristocracia e ás novas correntes intelectuais que circulaban por Europa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Via Stellae