A Xunta de Galicia suma un ano máis o seu apoio a Culturgal e posibilita a súa celebración como patrocinadora principal do evento a través da sinatura dun convenio de colaboración por valor de 65.000 euros. Ademais, contribúe activamente ao deseño do seu programa de presentacións e espectáculos, con máis dunha trintena de citas (faladoiros, presentacións, obradoiros, espectáculos...) promovidas directamente pola Consellería, á que este ano se une tamén a Consellería de Política Social e Xuventude a través dun coloquio sobre o certame Xuventude Crea.
Tamén participaremos este ano cun stand renovado desde o que se ofrecerán obradoiros para os nenos e as nenas e distintas actuacións escénicas de pequeno formato.
Falamos, en definitiva, dunha extensa e variada oferta que dá conta do papel determinante que xoga a Xunta de Galicia na posta en marcha de iniciativas culturais de todo tipo e da súa necesaria participación para que moitos proxectos cheguen a bo termo.
VENRES 25 DE NOVEMBRO
PRESENTACIÓNS
PLAN INTEGRAL DE DANZA DE GALICIA
18,20 h → Espazo profesional
Presentación en avance do documento participativo impulsado pola Xunta de Galicia que guiará a folla de ruta no sector. Interveñen:
- Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais
- Pilar Portela, coordinadora de Música e Danza da Agadic
- Miguel Valverde, coordinador do Plan
- Paula Quintas, en representación da asociación Escena Galega
EXPOSICIÓNS DO MUSEO CENTRO GAIÁS
18,20 h → Espazo arte
- Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970)
- Camiños creativos
- De lugares e cousas
COLOQUIO XUVENTUDE CREA
18,45 h → Espazo profesional
Conversa cos gañadores de tres das disciplinas máis literarias do certame: Novela Curta, Poesía e Banda Deseñada. Organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia
RESIDENCIAS ARTÍSTICAS REGA
19,00 h → Espazo arte
Presentación de proxectos, balance de 2022 e avance da convocatoria de 2023 deste programa de apoio á creación contemporánea
PELÍCULA ‘O CORPO ABERTO’
19,00 h → Espazo cinema
De OlloVivo Producións co apoio da Xunta
Presentan:
- Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais
- Ángeles Huerta, directora do filme
ESPECTÁCULOS
‘O LOBO E A LÚA’, DE BAOBAB TEATRO
17,30 h → Auditorio
Proposta de TeCe Redes en galego
‘CREDO’, DE NOVA GALEGA DE DANZA
21,00 h → Auditorio
En coprodución do Centro Coreográfico Galego
OBRADOIROS
XOGOS DE MESA EN GALEGO
17,00 h → Espazo infantil
Propostas para os máis pequenos con Brazolinda
SÁBADO 26 DE NOVEMBRO
PRESENTACIÓNS
PROXECCIÓN EXTERIOR DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
19,00 h → Espazo profesional
A unidade de produción teatral da Xunta mantén proxectos de internacionalización en distintos países, trazando un percorrido polo mapa e polos programas de colaboración que están a levar o noso teatro polo mundo.
Interveñen:
- Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego
- Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais
ESPECTÁCULOS
DANZANDO CON PAULA QUINTAS E KIRENIA MARTÍNEZ
11,30 h → Expositor da Xunta
Performances en coprodución co Centro Coreográfico Galego
‘CARTA ABERTA’ CON ANTÍA MUÍÑO
17,30 h → Expositor da Xunta
Interpretación ao vivo de temas do seu primeiro disco
‘CADERNOS DE CORES E CANCIÓNS’, DE MAGÍN BLANCO
17,30 h → Espazo infantil
Iniciativa de TeCe Redes en galego
O MAGO TETO
A partir das 18,00 h → Expositor da Xunta
Varios pases para gozar en familia
ANTÍA MUÍÑO, BERTO, NÉBOA E GRANDE AMORE EN CONCERTO
20,00 h → Auditorio
Celebración de CulturgalSon15. Proposta da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM). En colaboración coa Xunta de Galicia
OBRADOIROS
XOGOS DE MESA EN GALEGO
16,20 h → Espazo infantil
Propostas para os máis pequenos con Brazolinda
PAPIROFLEXIA CON ANAQUIÑOS DE PAPEL
12,00 h → Expositor da Xunta
Manualidades de Nadal para cativada a partir de 8 anos
OBRADOIRO CREATIVO CON NATALIA SANTAMARÍA
18,30 h → Espazo arte
Unha mirada sobre o cambio climático de 6 a 11 anos
‘O LAR DAS PALABRAS’, CON CAPICÚA 360
19,00 h → Espazo infantil
Practica o uso da lingua xogando
DOMINGO 27 DE NOVEMBRO
PRESENTACIÓNS
DOCUMENTAL ‘TRALOS PASOS DE MARÍA CASARES’
12,00 h → Espazo cinema
Peza de Sabela Hermida
Interveñen:
- Isabel Blanco, produtora, directora e comunicadora
- Sabela Hermida, directora de contidos e comunicadora
- Anxo M. Lorenzo, director xeral de Cultura
COLECCIÓN DE LECTURA FÁCIL DE EDITORIAL GALAXIA
17,00 h → Espazo libro
Publicacións adaptadas de obras de Xosé Neira Vilas
-Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas
Adaptación de Lucía Gómez Álvarez
-Espantallo amigo, de Xosé Neira Vilas
Adaptación de Desirée Silva Bernárdez e ilustracións de Xaquín Marín
Interveñen:
- Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia
- Ana Isabel Vázquez, directora-xerente da Cidade da Cultura da Xunta de Galicia
WEB E APP PLAY ARI[t]MAR.GAL
18,10 h → Espazo profesional
Presentación da web/app Play aRi[t]mar.gal, de música e poesía galega e portuguesa
Interveñen:
- Ana Isabel Vázquez, directora-xerente da Cidade da Cultura da Xunta de Galicia
- Gonzalo Constenla, director da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela
ESPECTÁCULOS
‘CUBO’, DE ELEFANTE ELEGANTE
12,30 h → Auditorio
Fantasía, humor e poesía visual para público familiar
‘UKESTRA DO MEDIO’ EN CONCERTO
13,00 h → Espazo cinema
Novo disco da orquestra de ukeleles
‘PETISCOS DE LINGUA’, DE MIGALLAS TEATRO
17,30 h → Espazo infantil
Xogos verbais, cancións, contos, monicreques…
CONTACONTOS CON VERO RILO
18,00 h → Expositor da Xunta
Dous pases de propostas de tradición oral
‘A PARÁBOLA DO ANGAZO’, DE PRODUCIÓNS TEATRAIS TALÍA
19,00 h → Auditorio
Viaxe con humor pola historia da lingua
OBRADOIROS
‘O LAR DAS PALABRAS’, CON CAPICÚA 360
11,30 e 16,00 h → Espazo infantil
Practica o uso da lingua xogando
RAPEANDO
11,30 h → Aulas do primeiro andar
Obradoiro de rap con Esther Carrodeguas
INSTRUMENTOS TRADICIONAIS
12,00 h → Expositor da Xunta
Coñece as súas características musicais e construtivas