Culturgal 2023

Culturgal

 

A Xunta de Galicia suma un ano máis o seu apoio a Culturgal e posibilita a súa celebración como patrocinadora principal do evento. Ademais, contribúe activamente ao deseño do seu programa de presentacións e espectáculos, con máis dunha trintena de citas (faladoiros, presentacións, obradoiros, espectáculos...) promovidas directamente pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, á que este ano se une tamén a Consellería de Política Social e Xuventude a través dun coloquio sobre o certame Xuventude Crea.

Tamén participaremos este ano cun stand renovado desde o que se ofrecerán obradoiros para os nenos e as nenas e distintas actuacións escénicas de pequeno formato.

Falamos, en definitiva, dunha extensa e variada oferta que dá conta do papel determinante que xoga a Xunta de Galicia na posta en marcha de iniciativas culturais de todo tipo e da súa necesaria participación para que moitos proxectos cheguen a bo termo.

 

    VENRES 1 DE DECEMBRO

    Entrega dos Premios Nós tamén creamos!

    Entrega dos premios do concurso de videoclips convocado para centros de titularidade pública. Participa alumnado desde 4º de primaria.

    Espazo Cine

    11.00 h

     

    Presentación da Xira de Nadal dos Bolechas

    Stand da Xunta de Galicia

    11.30 h

     

     

     

     

    Galiverso. O vello Portomarín

    Experiencia de realidade virtual que amosa un paseo pola vila luguesa antes de ser asolagada polo encoro de Belesar.

    Aula 4

    12.00-14.00 e 16.00-20.00 h

     

     

     

     

     

     

     

    Hábitats. Natureza estendida

    Combinación de realidade virtual e aumentada na catarata de Yumbilla no Perú.

    Aula 7

    12.00-14.00 e 16.00-20.00 h

     

    40º aniversario do Centro Dramático Galego

    Avance das actividades que marcarán en 2024 a celebración de catro décadas da fundación da compañía de teatro institucional galega.

    Espazo Escena

    13.30 h

     

     

     

     

     

     

    Residencias artísticas do Gaiás

    Presentación de propostas seleccionadas no Programa de Residencias Artísticas do Gaiás.

    Espazo Música

    16.00 h

     

    Aceleradora musical Son Emerxente

    Coloquio con representantes da organización e artistas participantes na aceleradora para proxectos musicais da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia en 2023 e das novas incorporacións para 2024. Ao remate, showcase de Helena Egea, seleccionada na primeira edición.

    Espazo Música

    17.00 h

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

    Encontro coas persoas gañadoras dos Premios Xuventude Crea

    Espazo Escena

    18.00 h

     

    Últimos videoclips de Cholo e Nela

    Espazo Infantil

    19.00 h

     

    DES A MAR Ultrasónico

    Álvaro Iglesias recrea en melodías os poemas de Elba Pedrosa. Recital poético e musical.

    Espazo Letras

    19.00 h

     

    SÁBADO 2 DE DECEMBRO

    Exposicións Museo Centro Gaiás

    Presentación das exposicións “Barreiro. O silencio que chove luz na xanela”, “Hábitats. Natureza estendida” e “Cidades no tempo”.

    Espazo Arte

    12.00 h

     

     

     

     

     

     

    Visita guiada á exposición de videoxogos

    Visita de 30 minutos á exposición, a cargo do Museo do Videoxogo de Galicia.

    Espazo Videoxogos

    12.00 e 17.00 h

     

    Galiverso. O vello Portomarín

    Experiencia de realidade virtual que amosa un paseo pola vila luguesa antes de ser asolagada polo encoro de Belesar.

    Aula 4

    12.00-14.00 e 16.00-20.00 h

     

    Hábitats. Natureza estendida

    Combinación de realidade virtual e aumentada na catarata de Yumbilla no Perú.

    Aula 7

    12.00-14.00 e 16.00-20.00 h

     

     

     

    OrquestraMalabar#3, Pistacatro Produtora de Soños

    Performance a cargo da compañía Pistacatro na que se suceden tres rutinas en pequeno formato.

    Stand da Xunta de Galicia

    12.30, 13.30, 17.30 e 18.30 h

     

     

     

     

     

    Diagnose da industria musical de Galicia

    Elaborado pola Asociación Galega de Empresas Musicais co apoio da Xunta de Galicia.

    Espazo Música

    13.00 h

     

    LUGH! Territorios luminosos

    Xogos en familia, avance dos xogos que se desenvolverán no Museo Centro Gaiás.

    Aula 1

    De 12.00 a 13.30 h

     

    Obradoiro de música tradicional e concerto didáctico

    Grupo de Música Tradicional da Xunta de Galicia.

    Espazo Infantil

    16.00 h

     

    3,2,1 Artistas en acción, CGAC

    Espazo Arte

    17.00 e 18.30 h

     

    Presentación do catálogo da exposición de René Heyvaert

    Espazo Arte

    19.00 h

     

    Facultade de Belas Artes-CGAC: unha colaboración permanente

    Espazo Arte

    19.30 h

     

    Concerto de Leilía

    Formando parte da xira de despedida de Leilía, “Aunque me vou non me vou”.

    Auditorio do Pazo da Cultura

    21.00 h

     

     

     

     

    DOMINGO 3 DE DECEMBRO

    Galiverso. O vello Portomarín

    Experiencia de realidade virtual que amosa un paseo pola vila luguesa antes de ser asolagada polo encoro de Belesar.

    Aula 4

    12.00-14.00 e 16.00-20.00 h

     

    Hábitats. Natureza estendida

    Combinación de realidade virtual e aumentada na catarata de Yumbilla no Perú.

    Aula 7

    12.00-14.00 e 16.00-20.00 h

     

    Joshua Kenneth. Maxia de preto

    Sesións de maxia en familia co mago gañador en 2023 do Premio Frakson, galardón que se outorga ao mellor ilusionista de escena de España.

    Stand da Xunta de Galicia

    12.30 e 13.30 h

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

    Atenea García. Narración oral para pequenas e maiores

    Sesións de contacontos tradicionais para desfrutar con toda a familia.

    Stand da Xunta de Galicia

    17.30 e 18.30 h

     

     

     

     

    Pequefilmes

    Proxección de tres curtas gañadoras da edición deste ano do festival de cinema miúdo da Cidade da Cultura.

    Aula 1

    18.30 h