Delimitación do Camiño Francés

- Delimitación da ruta principal do Camiño de Santiago, Camiño Francés, dende a entrada no municipio de Pedrafita ata o lugar de Amenal, en O Pino

Decreto 227/2011, do 2 de decembro, polo que se aproba a delimitación da ruta principal do Camiño de Santiago, Camiño Francés, desde a entrada no municipio de Pedrafita do Cebreiro ata o límite do termo municipal do Pino, coa excepción do tramo entre o lugar de Amenal e o límite do aeroporto da Lavacolla, no concello do Pino.

Publicación do decreto no DOG

- Delimitación do Camiño de Santiago, Camiño Francés, entre o lugar do Amenal e o límite do aeroporto da Lavacolla, no concello do Pino

Decreto 144/2012, do 29 de xuño, polo que se aproba a delimitación do Camiño de Santiago, Camiño Francés, entre o lugar do Amenal e o límite do aeroporto da Lavacolla, no concello do Pino.

Publicación do decreto no DOG

- Delimitación do Camiño de Santiago, Camiño Francés, no concello de Santiago de Compostela

Decreto 247/2012, do 22 de novembro, polo que se aproba a delimitación do Camiño de Santiago, Camiño Francés, no concello de Santiago de Compostela.

Publicación do decreto no DOG

Documentación:

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural pon a disposición da sociedade en xeral os documentos completos vinculados a esa delimitación, e facilita os datos de información xeográfica aos axentes implicados na toma de decisións territoriais neste ámbito.

En concreto, neste apartado da web atópase a seguinte información:
- Dispoñible en separatas por concellos, unha memoria xustificativa da delimitación, coa descrición literal dos tramos delimitados, as súas características e elementos accesorios, e unha serie de planos a escala 1:10.000 onde aparecen grafados a traza e os contornos de protección. Neles cabe aprezar a liña dos 30 metros de máxima protección dos Camiños de Santiago, a localización dos principais elementos de valor patrimonial e a microtoponimia.
- Arquivos gráficos de todo o ámbito afectado pola delimitación, en formatos kml e shape, que unha vez descargados permiten a súa visualización e o intercambio de información xeográfica.

Documentos:

Pedrafita: Memoria xustificativa e serie de planos.
Triacastela: Memoria xustificativa e serie de planos.
Samos: Memoria xustificativa e serie de planos.
Sarria: Memoria xustificativa e serie de planos.
Paradela: Memoria xustificativa e serie de planos.
Portomarín: Memoria xustificativa e serie de planos.
Monterroso: Memoria xustificativa e serie de planos.
Palas de Rei: Memoria xustificativa e serie de planos.
Melide: Memoria xustificativa e serie de planos.
Arzúa: Memoria xustificativa e serie de planos.
O Pino: Memoria xustificativa e serie de planos
Santiago: Memoria xustificativa e serie de planos